Somos Allo Negro

A banda Allo Negro está composta pola mestura de músicos de blues con ampla traxectoria e novos talentos. Forman o grupo: Isa Pérez (voz), Javier Prado (guitarra), Ernesto de Gregorio (guitarra), Jorge Arenaz (baixo), Ramón Neira (batería), Glen Gibb (saxo tenor e barítono), Arturo Caramés (saxo alto) e Pablo Romero (trompeta).

A formación ten o seu xérmolo nun septeto coñecido como Mulberry Blues que baseaba o seu repertorio en clásicos en inglés dos anos 50. O punto de inflexión márcao o derrubamento do teito do local de ensaio da banda. É nese cambio de ubicación onde agroma o Allo Negro, unha idea de crear composicións propias en galego cunha base clásica de blues, referencias claras aos anos 50 e 60 (BB King, Lee Dorsey ou Louis Jordan) e sonoridades de soul máis moderno como poden ser as bandas: Monophonics, Michael Kiwanuka ou Maiiah & the Angels of Libra.


No ano 2025 a banda veu publicando unha serie de singles que conformaron o seu primeiro EP, gravado íntegramente en directo en Bungalow Studios da man de Martín Esturao (Mad Martin) e Nico Rodríguez.

 

O seu primeiro sinxelo foi “Branco Algodón”, do que se presentou tamén o seu primeiro videoclip. Prensa e algún crítico, ven nesta curta sonora dirixida por Marcos Montiel, referencias claras ao cine de Darío Argento.

As súas letras falan de amor non correspondido, perdas, tradicións galegas renovadas ou xoldra.

Neste ano 2026 publicou o seu primeiro disco de estudio titulado: Allo Negro.

A banda recibiu tamén este ano o Premio Martín Códax da Música na categoría de Blues/Funk/Soul.